Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

  Velaquí unha pequena mostra de recomendacións lectoras para un Nadal un tanto especial....

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

  O pasado venres contamos cunha visita mooi especial. Un Paxe Real, recén chegado de Oriente, encargouse de recoller os desexos dos nosos cativos e cativas. Oxalá se cumpran todos todiños!

🎄🎅RETO DE NADAL!

  Lembrade que aínda estades a tempo de participar no reto que vos propoñemos en Instagram!! Trátase de enviar unha foto ou vídeo de Nadal na casa, na rúa, coa familia, amigos, cantando, bailando...o que queirade, imaxinación ao poder.  Nos vos esquecades de escribir o voso nome e e o curso. 

GAÑADORES CONCURSO RELATOS DE TERROR

1º Primaria: debuxo de Aurora Ruiloba Rodríguez- Puime  3º Primaria: Gabriel Cotovad Iglesias 2ªA ESO: Martin Chamorro Sanromán 2ºA ESO: María Blanco Lorenzo  Parabéns a todas e todos!

CONCURSO OLLA A PALABRA DO DÍA! 💬

      A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan un outono máis, a través do Portal das Palabras e en colaboración co colectivo docente Galiza Visual, o Concurso Olla a Palabra do Día!      Trátase dunha iniciativa pretende promover a divulgación do léxico galego, e potenciar a creatividade, a capacidade de síntese e a aprendizaxe de conceptos mediante o pensamento visual.      Aquí tedes as magnificas propostas coas que participou o alumnado de 6º de Primaria co tema Educación ambiental, e as compañeiras de 4º da ESO en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. 

GAÑADORAS CONCURSO DEBUXOS E TEXTOS DE OUTONO

 3º Primaria: Sara Pérez Puerta                                                                                                                              3ºA ESO: Raquel García García

GAÑADORAS CONCURSO MÁSCARAS DE TERROR

  1º ESO: Erika Rodríguez Costas premio á "Máscara máis medoñenta" 1º ESO: Antía Sánchez Hermida premio á "Máscara máis orixinal"

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: RECOMENDACIÓNS LECTORAS

  ♦

TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os artistas de 5º de Primaria conmemoraron o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a muller con estes magníficos debuxos 🎨  

✋⛔CHARLA SECUNDARIA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO ✋⛔

     No marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, contaremos coa presenza virtual de Jean Costa, representante da delegación galega da Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE).       O alumnado de Secundaria terá a oportunidade de participar nunha charla- formativa orientada a previr situacións de abuso e violencia de xénero entre a poboación máis nova.      

👾OS NOSOS MONSTROS DE 1ºPRIMARIA 👾

  Marabillosas e medoñentas as creacións das nosas pequenas e pequenos grandes artistas!

Outono musical e literario para as tardes dos venres

  Esta tarde, todas e todos dende calquera lugar do mundo poderedes gozar deste #OutonoLiterarioeMusical dende o facebook de LIBROS PARA SOÑAR ás 18:00 Migallas Teatr o Notiña: a actividade non esta aberta ao público só se poderá desfrutar nas redes sociais.

Queridas librarías, grazas!

       Hoxe celébrase o día das librarías e este ano máis que nunca queremos darvos as grazas pola vosa labor. D espois dunha experiencia como a vivida durante o Estado de Alarma, débese destacar a loita das librerías por manterse vivas e activas, dinamizando o tecido social, económico e cultural das súas contornas. Dentro das celebracións deste día, cómpre destacar a presentación dunha páxina web que centralizará toda a información de actividades e propostas ( www.diadelaslibrerias.es ), así como a presentación ás persoas usuarias de todostuslibros. com ( TTL), a plataforma da pequena e mediana librería que acaba de incorporar o comercio online ás súas prestacións de consulta bibliográfica, difusión cultural e interacción co usuario. Grazas por todos estes anos ao noso lado, pola complicidade e por achegar a lectura a cada recuncho!

O Samaín

A pasada semana celebramos o Samaín 👻👻. Desde a biblioteca, un ano máis, organizamos o certame  Relatos de Terror. Así mesmo   tentamos manter o sorriso cun concurso de Máscaras de Terror.  Aquí tedes algunhas das máis terroríficas!

BOA VIAXE!

Un curso máis as nosas benqueridas mochilas viaxeiras están listas e preparadas para a andaina. Desfrutade da viaxe e boa lectura a todas e todos!

RECOMENDACIÓNS PARA MOVER O ESQUELETO DE MEDO

ESTAMOS DE VOLTA!

  A P E G A R A B I L O N G A

O PAPAGAIO: XUÑO

PREME PARA LER E VER A REVISTA

A ESCALEIRA DA ANSIEDADE

MOITAS PERSOAS durante esta etapa de confinamento que estamos a vivir sofren de ansiedade, se eres unha destas pode serte de moita utilidade os exercicios de relaxación muscular progresiva de Jacobson. A clave está en que debes facelos antes de que a ansiedade se dispare, comeza a facelos tan pronto vexas que estas empezando a poñerte nervoso/a.

SALÓN VIRTUAL DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace: SALÓN VIRTUAL O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior. Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas: OBRADOIRO DE MINDFULNESS CREATIVO EN FAMILIA Neste obradoiro, impartido por Anxo Fariña , aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións

RETO LETRAS GALEGAS: AS NOSAS VERBAS

Esta foi a ctividade coa que festexamos o día das Letras Galegas 2020 no CPI Arquitecto Palacios. Os alumnos/as, mestres/as e ex-alumnos que forman parte do grupo de "teatro do AR" escollero a palabra que mais lles gustaba do galego e formaron oracións, debuxaron, gravaron vídeos ....e este foi o resultado. As Nosas Verbas Leer más publicaciones en Calaméo                                 MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO-RECURSOS

Ante a insólita celebración que temos este curso do Día da Letras Galegas compartimos os recursos que GALIX (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil ) recolle para conmemorar esta data en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, o autor escollido pola Real Academia Galega neste ano 2020 Real Academia Galega ofrece propostas lúdicas e didácticas para a xente máis nova na web primaveradasletras.gal   A web Carvalho Calero 2020 creada por AGAL en colaboración coa Secretaria Xeral de Política Lingüística A Asesoría de bibliotecas escolares recolle en #bescolaresgalAbertas polas Letras Galegas 2020 unha chea de recursos para apoiar ás bibliotecas dos centros escolares.  Aulas Galegas aporta no Especial Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero unha moi completa recompilación de recursos.  As Letras na casa é o título da proposta coa que a Rede de Centros Socioculturais de Compostela quere celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho

ANIMACIÓN LECTORA: ANGELES ESCRIBANO

O 30 de outubro tivemos a sorte de contar un ano mais coa visita de Ángles Escribano Guiance. A actividade desenvolveuna na etapa de primaria, fixemos dous grupos un para 1º, 2º e 3º de primaria e outro para 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro grupo traballou a tolerancia a través da historia “Vivan las uñas de colores”, Interpretación do medo e a desconfianza ao descoñecido e os sentimentos que se producen a través da interpretación do álbum ilustrado “La ola”,representación cos nenos do divertido conto cos animais da selva “Cuquedo”. Co segundo grupo traballou unha breve biografía de Gianni Rodari e a actividade de Xogos de palabras: clases, palabras co prefixo “des” e a súa divertida interpretación, Binomio fantástico. Tamén presentou a biografía de Jules Verne, Comentarios sobre as súas obras máis coñecidas e Interpretación moi divertida dos nenos coa mímica dos títulos para que adiviñen os demais. Cos dou grupos: Invitación, Ficha de actividades, Marcapáxinas, “Palabras con

Letras Galegas

O próximo 17 de maio celébrase o Dia das Letras Galegas adicado este ano a Ricardo Carvalho Caleiro .Este ano é diferente e teremos que celebralo dun xeito especialdende as nossas casas. A dicaremos a semana a festexar esta data con diferentes propostas.A actividades de hoxe consiste en escoller unha palabra que vos guste moito en galego e escribirla soa ou formando unha oración con ela, enviar un debuxo ou unha foto, mesmo gravar un vídeo engadindo música ,interpretando un texto donde aparezca a palabra...cada un ó que máis lle guste. Tedes ata o venres. Coma sempre, deberedes mandar os voso traballos co voso nome e curso. Os traballos formarán parte tamén de #doucheapalabra da Nosa conta de Instagram.

"MÁS ALLÁ DEL BALCÓN": RECURSO EMOCIONAL

Miriam Campos Leirós, coordinadora de ‘Teachers For Future Spain’ e docente no CEIP Antonio Palacios do Porriño (Pontevedra), elaborou un caderno ilustrado para axudar aos seus alumnos durante a corentena. Nel explícanse as diferenzas entre, por exemplo, epidemia e pandemia, ou virus e bacteria, e ademais, ofrece diversas actividades que favorecen a expresión emocional dos menores. O caderno foi elaborado xunto a Eva Prol Sanjurjo, quen se encargou das ilustracións. Nel, os nenos/as teñen acceso a información para entender que é un virus, un fungo ou unha bacteria, por exemplo. Explícanse conceptos como a solidariedade, a diferenza entre endemia, epidemia ou pandemia; E conta, ademais, con diferentes actividades que dan lugar á reflexión sobre os sentimentos e os acontecementos que suceden ao seu ao redor.  DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO

DÍA MUNDIAL DO ARTE: RETO 3-TRABALLOS ALUMNADO

O Día Mundial da Arte celébrase o 15 de abril, e foi instituido dende o ano 2012 pola Asociación Internacional da Arte (IAA). A data foi elexida porque un día como ese do ano 1452 naceu o pintor italiano Leonardo da Vinci, quen tamén foi arquitecto, escritor, escultor, músico, poeta, urbanista, anatomista, paleontólogo, botánico, científico, filósofo, enxeñeiro e inventor. Todo un exemplo do que se coñece como home renacentista. Este día pretende dar a coñecer a importancia que a arte e o pensamento creativo ten na resolución de problemas e no desenvolvemento do pensamento humano. A arte é un das mellores expresión que o home ten para expresar o que sente, o que lle fascina, o que lle preocupa , o que lle interesa a través de recursos plásticos, sonoros ou lingüísticos. Un día perfecto para dedicar e festexar con literatura, música, danza, pintura, escultura...ti escolles. Reto 3 Día Mundial Das Artes Leer más publicaciones en Calaméo

INSTAGRAM DA BIBLIO

Debido a fallos na conta de Instagram da biblioteca , vémonos obrigados a abrir unha nova. Seguindo os consellos sanitarios sobre a obriga de gardar a distancia por culpa do coronavirus, na biblioteca tamén o queremos ter en conta e, por eso, agora chamarémonos a_pega_rabilonga Non deixedes de visitarnos para estar sempre o día do que se "coce" na biblio e no centro.

NOVO RETO 3: DÍA MUNDIAL DAS ARTES E DÍA DO LIBRO

Como sabedes, o día 15 de abril é o Día Mundial das Artes e o día 23 ,o Día do Libro , conmemoracións das que non nos podemos esquecer. Este ano a situación de confinamento non nos vai deixar sin celebralo. Vamos seguir a iniciativa proposta polo Museo Getty que anima a imitar obras de Munch, Klimt, Warhol e Banksy. Nos engadimos mais á proposta. Vos ides ser os protagonistas e creadores desta actividade. Teredes que escoller un cuadro que vos guste, podedes axudarvos dos enlaces que vos engadimos para visitar algunha das salas de museos coñecidos ou simplemente de entre aqueles que mais vos sorprenderon na vosa vida. Museo del Prado en Madrid British Museum en Londres El Louvre en París Tate Museum en Londres Nacional Galery of Art en Washington Museos de Galicia Vangoh Museum Amsterdam Unha vez escollido o cuadro, podedes facer duas cousas: 1- Pintalo vos de novo. 2- Recrear a obra con todo aquelo que teñades a man e, sobre todo, con moito humor. Engadimos un exemplo par