Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

INFOGRAFÍA DOS SIGNOS DE PUNTUACIÓN

INFOGRAFÍA DA ORTOGRAFÍA

Enlázovos unha infografía relacionada coa ortografía , nun varrido visual temos diferentes regras ortográficas.

LECTURAS TERRORÍFICAS

Este ano retomamos as lecturas terroríficas. Dende o venres 24, podes encontrar nun expositor especial no corredor da pranta baixa os mellores libros de terror da biblioteca escolar. Durante esta semana, ademais, repartiranse polas clases o boletín que ves aquí máis abaixo coa selección de lecturas.  O colexio, ademais, estará decorado terrorificamente....

DEZ PELÍCULAS PARA MOTIVAR Á LECTURA

O cine constitúe un recurso ideal para introducir aos  alumno/as no estudo de distintas temáticas. A proxección dunha película en clase pode servir, por exemplo, para motivar os estudantes á lectura e espertar a súa curiosidade sobre unha  obra literaria ou un autor. Presentámosche dez películas que che axudarán a achegar os libros ao mundo dos teus alumnos/as grazas á linguaxe audiovisual.   Para os máis pequenos: Charlie e a fábrica de chocolate (2005 ), Tim Burton. Adaptación da novela do afamado escritor infantil Roald Dahl, que narra as aventuras dun neno pobre que gaña un pase para visitar a fábrica do mestre chocolateiro Willy Wonka. Guía didáctica. El Gigante de hierro (1999) , Brad Bird. Baseada no libro infantil de Ted Hughes, conta a historia dun neno que se fai amigo dun robot xigante caído do ceo. Intenta explicarlle como son os humanos. Recursos para enfocar a película . Para os máis maiores: On The Road. En la carretera (2012), Walter salles. A obra cumi

MOCHILAS VIAXEIRAS 14-15

Xa está preparadas as Mochilas Viaxeiras!. O obxectivo fundamental desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfruten xuntos da lectura. A mochila estará con cada familia unha semana, durante a cal se lerán os libros que inclúa a mochila e se escribirá no caderno que encontraredes dentro, o que vos pareceu a actividade, suxestións para próximas mochilas...e o neno/a pode escribir algún comentario sobre algo que chamase a súa atención ou facer un debuxo que lle inspirase.Aquí tedes o contido das mochilas: Mochilas Viaxeiras Leer más publicaciones en Calaméo

XORNADA DE BENVIDA

Ao principio do curso 2014-2015 a Biblioteca invita a todo o alumnado de novo ingreso a unha breve presentación dos seus servizos. Esta xornada pretende orientar e acoller aos alumnos e alumnas de primeiro de primaria. Aproveitamos para entregar os carnés ao alumnado. XORNADA DE BENVIDA - Kizoa Movie Maker

GALICIA LE: PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS BPG

eBiblio Galicia é o “Catálogo do libro electrónico en castelán” que, xunto co do libro electrónico en galego, forma parte do proxecto GaliciaLe, plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que fai posible a lectura de libros electrónicos a través da internet. Desde eBiblio podes tomar en préstamo as principais novidades editoriais en castelán en formato dixital para podelas ler en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, ordenadores persoais ou lectores de libros electrónicos. Este catálogo do libro electrónico en castelán promoveuno o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte coa colaboración da Xunta de Galicia e está xestionado por esta. O servizo está dispoñible no enderezo galicia.ebiblio.es. Tamén pode accederse aos libros prestados a través da app eBiblio Galicia, dispoñible para iOS e Android.  Quen pode utilizar eBiblio? Si xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia tan só precisas rexistrarte como

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

 Sabes  por que se celebra xusto o 24 de Octubre  esta celebración a escala internacional?                 Celébrase dende  1.997,  a proposta da  Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil , xunto co Ministerio de Educación e Cultura.     Desenvólvese  este día en recordo da   destrución da Biblioteca de Sarajevo ,   incendiada en 1.992   durante a   Guerra dos Balcáns CALENDARIO DE ACTIVIDADES. EXPOSICIÓN DE CONTOS ILUSTRADOS DE TERROR , Inauguración do proxecto. .. "Da Horta ao Prato" , Obra de teatro: UNHA LEITUGA FELIZ  E un breve   RECITAL !! "As Bibliotecas non son un luxo, son unha   N E C E S I D A DE "

MALALA, A EDUCACIÓN PODE CAMBIAR O MUNDO

Con só 17 anos, Malala, é a galardoada máis nova dos Nobel da Paz grazas a que traballou con paixón e coraxe para lograr que todos os nenos teñan dereito á educación" (UNESCO). Aos 11 anos, Malala Yousafzai comezou a escribir un diario sobre como os integristas talibáns insultaban e ameazaban as nenas que ían á escola no seu país, Paquistán. Finalmente, o seu diario publicouse na web . En 2012 os talibáns intentan asasinala e dispáranlle na cabeza cando volvía no autobús do colexio cara á súa casa. "Case me mataron, simplemente por defender o meu dereito a ir á escola. Era un día como moitos outros. Eu tiña 15 anos, estaba en noveno curso. " ("Malala.  Mi historia". Alianza) Dende entón Malala converteuse, aínda máis, nunha defensora do dereito de todos os nenos á educación, en especial das nenas. Por iso, e ademais doutros premios, en 2014 concedéuselle o premio Nobel da Paz . Aínda quedan 168 millóns de nenos traballadores no mundo .

CONTO SOBRE DISCAPACIDADE: PARA EXPLICAR AOS NENOS/AS

 NI MÁS NI MENOS Enlazamos un conto sobre discapacidade  para explicarlle aos nosos alumnos/as que todos somos diferentes e ante todo hai que respetarse. É un material editado polo Ministerio de Educación e CREADE

MAFALDA CUMPLE 50 ANOS: O SEU AUTOR QUINO, RECIBIRÁ O PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS

Para saber sobre a biografía de Quino e os personaxes de Mafalda,  PINCHA NA SEGUINTE IMAXE

“EDUCA TU MUNDO”. Portal educativo que pretende fomentar a adquisición de hábitos saudables e preventivos

"EDUCA TU MUNDO" . Portal educativo que pretende fomentar a adquisición de hábitos saudables e preventivos que axuden a protexer a saúde e a mellorar a calidade de vida da sociedade. A web consta de diferentes seccións:   Ambito infantil e xuvenil (de 3 a 12 anos)   Xogar Prevenland Ecotenis (xogo de realidade aumentada no que debes axudar a limpar a cidade de lixo) Un mal día! Divírtete con Raúl, Fede e María e desafía o teu enxeño. Tranquilo Asustín! Xoga con Asustín e ensinarate como evitar perigos. He encogido el jersey?  Coñece aos xemelgos Pipo e Tuno e á súa familia, e divírtete con eles practicando deporte Jugamos todos . Ponche as pilas cos deportes e divírtete cos amigos de Jugamos todos Un xigante na cuadrilla . Atrévete a coñecer o noso xigante favorito e Lunatus, un mago moi saudable! Marcos en apuros. Xoga con Marcos, e descobre os segredos dunha vida saudable! The Machine. Demostra que adestrando non hai ninguén máis rá

MATERIAL DIDÁCTICO PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Material didáctico para a celebración do Samaín, 2014 Autoría: EDLG de GALÁN Centro: CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)  Pincha na imaxen

CONTOS DE TERROR PARA NENOS: PÁXINAS WEB GRATUITAS

Como se acerca   Halloween , presentamosvos varias páxinas de internet gratuitas , nas que podédes atopar contos de terror para nenos/as . Esta información foi atopada na web : A continuación, amosamos algunhas delas: ¡¡¡ Esperamos  que vos gusten !!! "La escuela del Mar" Contos que podes descargar en PDF " Leme un conto" "Todo papas " CuHalloween