Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

PANXÓN NOBEL 2023

Para rematar o entroido entregáronse os diplomas do Panxón Nobel da Paz aos rapaces e rapazas de Educación Primaria. Os seus compañeiros e compañeiras da clase expuseron as razóns polas que deberían ter esta especial mención. Todas elas xiran en torno a valores como poden ser: axudar aos demais, estar en momentos difíciles, ser bo amigo/amiga, ser amable, comprensivo, respetuoso... Este ano os gañadores🏆foron:  1º EP - Maia 2º EP - Arya 3º EP - Sabela 4º EP - Laura 5º EP - Diego 6º EP - Miguel Parabéns rapazada!👏😊

ENTROIDO 2023

  E un ano máis puidemos desfrutar da comparsa de entroido que realizamos todos os anos o CPI e EEI Dunas por Panxón. Saimos da nosa escola e fomos buscar aos pequenos e pequenas de Dunas para realizar o noso tradicional paseo acompañados dos nosos profes, das nosas familias e de moita música. Este ano, o noso proxecto da biblioteca baséase no ABJ (Aprendizaxe Baseado en Xogos), así que cada un dos cursos do noso cole disfrazámonos de diferentes xogos: parchís, tres en raia, dominó, póker, quen é quen, comecocos, damas, xadrez, twister... Non só desfrutamos da nosa comparsa, senón que tamén puidemos probar os doces típicos de entroido que nos trouxeron as nosas familias. Mmmm, que rico estaba todo!😋 Foi moi emocionante e pasámolo xenial! 😁😁😁 Queredes velo? Clicade aquí 👇

A nosa visita a Stella Maris

  No día de onte aconteceu algo fantástico, e é que comezamos a noso Proxecto Interxeracional cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Os nenos e nenas de 5º e 6º de EP aproveitamos e lle realizamos unha visita chea de agarimo.  Aproveitamos e fixemos unhas entrevistas que nos resultaron de gran interese. Cantas cousas curiosas e interesantes nos contaron, ata tomamos nota de todo o que nos contaron: experiencias da súa vida, viaxes, profesións,...  Canto temos que aprender dos nosos maiores que son as fontes de sabiduría! Dende aquí enviamos unha aperta a todos os usuarios e usuarias así como personal da residencia, porque sentímonos moi a gusto. 😊😊😊 Vémonos pronto e mentres... vos deixamos cun resumo: 👇

24 F - DÍA DE ROSALÍA

  Hoxe conmemoramos do día de Rosalía e fixemos moitas actividades variadas no cole, entre elas uns murais e unha lectura compartida de poemas dos seus libros Follas Novas e Cantares Galegos. Escoitar cada un dos versos de Rosalía coa voz dos nosos cativos e cativas foi fantástico. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

11 F - Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia os rapaces e rapazas da materia de Cultura Científica da ESO fixeron unha exposición de mulleres científicas aos cativos e cativas de Educación Primaria. Presentáronnos mulleres importantes que destacan pola súa salientable labor: Hipatia de Alejandría Marie Curie Lise Meitner Emmy Noether Barbara McClintock Antonia Ferrín Rosalind Franklin Jane Goodall Lynn Margulis Margarita Salas Marisa Castro Moitas grazas aos compañeiros de ESO por facernos esta presentación! Deixámosvos cun resumo:

UN DÍA POLO HORTO...

  A pasada semana o alumnado de Educación Primaria puido desfrutar das actividades do horto que realizamos tódolos meses. Cada curso encargouse dunha cousa para que o noso horto floreza san e bonito: 6º encargouse de elaborar apichi  unha especie de insecticida natural que serve para eliminar plagas como orugas, pulgóns,... 4º e 5º traballaron a orientación e plantaron uns xirasois 🌻. Sairán? Veremos que ocorre nos próximos días. 3º traballou a horta vertical   2º plantou uns ricos amorodos 🍓 1º encargouse de facer unha boa limpeza e da plantación . Sen dúbida, o traballo destes cativos é impresionante! Moi bo traballo equipo primaria!👏👏👏 Vos deixamos cun resumo:👇😁

18º día de 21 días co galego e +

  No décimo oitavo día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 2º ESO B e 4º ESO. As actividades propostas para o día de hoxe foron: Nubes de palabras que resuman os nosos 21 días Xogos colaborativos no tempo de lecer.  Practicar a coreo Terra de Tanxugueiras. Visita de Pilar Ponte a creadora dos 21 días co galego e +. Botade unha ollada👇

CONVIVE+

  A intelixencia emocional  é a capacidade de recoñecer os sentimientos e emocións propias e alleas, e de manexar axeitadamente as relacións coas demais persoas. Para comprender e regular as emocións e ir un pouco máis aló contamos con Jeny de Convive+ que nos ensinou a coñecer mellor as nosas emocións así como a ser máis asertivos. Que importante é  coñecernos a nós mesmos e coñecer aos demais! Tivemos a sorte de participar nunhas sesións dinámicas con xogos a través dos cales reflexionamos e adquirimos ferramentas para poder levar a cabo no noso día a día. Creamos un espazo de reflexión onde compartir as nosas emocións cos demais dunha forma asertiva. Moitísimas grazas, Jeny @convive.mais por todas as aprendizaxes e trucos para relaxarnos! 😊😊😊 Vos deixamos cun video - resumo:

16º e 17º día de 21 días co galego e +

No décimo sexto é décimo sétimo día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 2º, 5º, 6º de EP e 2º ESO A e 3º ESO. As actividades propostas para o día de hoxe foron: Teléfono estropeado Xogos colaborativos no tempo de lecer. Practicar a coreo Terra de Tanxugueiras. Vaia día👏! Mirade 👇

15º día de 21 días co galego e +

  No décimo quinto día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 3º e 4º EP. As actividades propostas para o día de hoxe foron: Pictionary Xogos colaborativos no tempo de lecer. Nesta ocasión tocoulle aos cativos e cativas de 3º e 4º de EP e 4º ESO. Os xogos aos que puidemos xogar foron foron os mesmos de onte. Practicar a coreo Terra de Tanxugueiras. Vaia día👏! Mirade👇 #21díascogalegoe+ #21dcgemais

12º día de 21 días co galego e +

No duodécimo día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 1º ESO B. As actividades propostas para o día de hoxe foron: #WORDLEGALEGO Xogos colaborativos no tempo de lecer. Nesta ocasión tocoulle aos cativos e cativas de 5º e 6º de EP e 1º ESO A. Os xogos aos que puidemos xogar foron:  Palabrea Carreira de letras Unánimo Dixit When I dream  Que son? Practicar a coreo Terra de Tanxugueiras. Vaia semana de xogos nos espera. O día de hoxe foi espectacular! Mirade👇 #21díascogalegoe+ #21dcgemais

RETO 4: EDUCADORES AMBIENTAIS POR UN DÍA

  Este ano o noso proxecto de biblioteca está vinculado ao Aprendizaxe Baseado en Xogos (ABJ), polo que, a proposta deste reto e para poder ser "Educadores ambientais por un día" poderedes xogar ao seguinte xogo de Scratch: En qué consiste? En introducir no contenedor axeitado o lixo, empregando as flechas do teclado poderedes mover os obxectos e introducilos no contenedor. Atréveste a probar? 😀

10 e 11º día de 21 días co galego e +

No décimo e undécimo día de 21 días co galego e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 1º de EP, 1º ESO A e 4º ESO. As actividades propostas foron: xogar a quen son, bailar e o karaoke. Mirade 👇 #21díascogalegoe+ #21dcgemais

8º e 9º día de 21 días co galego e +

No séptimo día de 21 días co galego  e + continuamos a facer as fotiños no photocall, nesta ocasión tocáballes aos cativos e cativas de 5º e 6º de EP e de 2º ESO A e 3º ESO. Fixemos xogos variados dos outros días e engadimos un novo: quen é quen. Como desfrutamos! Mirade 👇 #21dcgemais,#21díascogalegoe+,