Ir al contenido principal

ENTROIDO 2023

 


E un ano máis puidemos desfrutar da comparsa de entroido que realizamos todos os anos o CPI e EEI Dunas por Panxón.

Saimos da nosa escola e fomos buscar aos pequenos e pequenas de Dunas para realizar o noso tradicional paseo acompañados dos nosos profes, das nosas familias e de moita música.

Este ano, o noso proxecto da biblioteca baséase no ABJ (Aprendizaxe Baseado en Xogos), así que cada un dos cursos do noso cole disfrazámonos de diferentes xogos: parchís, tres en raia, dominó, póker, quen é quen, comecocos, damas, xadrez, twister...

Non só desfrutamos da nosa comparsa, senón que tamén puidemos probar os doces típicos de entroido que nos trouxeron as nosas familias. Mmmm, que rico estaba todo!😋

Foi moi emocionante e pasámolo xenial! 😁😁😁

Queredes velo? Clicade aquí 👇





Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

HAIKUS JAPONESES

Para o día da poesía   proponemosvos un traballo no que ides ter que seguir a tradición japonesa e compoñer un haiku . Antes de que vos expliquemos a actividad é convinte que seaibades en qué consiste esta composición poética.   Un haiku é un pequeño poema tradicional japonés. Tan pequeno que a súa estructura consta de tres versos sen rima, que deben sumar un total de diecisiete sílabas. O primeiro verso debe ter 5 sílabas,ol segundo 7 e o terceiro 5, aunque non é obrigatorio seguir esa estructura.     O haiku, xeneralmente expresa unha sensación, unha imaxen, que pode ser evocada con enorme forza ou sutileza. Caracterizase pola sencillez, austeridade, brevedad e asimetría.   NO día da poesía, que se celebra o día 21 de marzo, podedes contribuir con un haiku que a vosa creatividade compoña. Teredes que combinar a poesía coa temática que podádes sacar do Proyecto deste curso sobre Enerxías Sostibles " Do pedernal á fusión". Busca en tres versos a man...

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏