Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

RECREOS DINÁMICOS NA BIBLIO: RECORTABLES

Recreos creativos, cheos de actividade lúdica e diversa.

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO: CONCERTO RODRIGO ROMANÍ E BEATRIZ MARTÍNEZ

O 20 de febreiro celebramos no CPI Arquitecto Palacios o Día de Rosalía de Castro (24-02-1837) cun concerto de arpa desenvolto polos artístas Rodrigo Romaní (fundador do grupo Milladoiro e da orquestra Sondeseu) e Beatriz Martínez. No concerto organizado pola biblioteca e Normalización lingüstica en colaboración co concello de Nigrán, participaron os alumnos/as do noso CPI, do CEE de Panxón, CEIP Mallóne IES Val Miñor. Rodrigo e beatriz cantaron e musicaron en directo poemas de Rosalia como "Camapanas de Bastabales". Para finalizar o grupo de frauta do centro intrpretou conxuntamnete cos artistas invitados  "Negra sombra" . Ao rematar esta actuación todos os cursos e alumnado do centro recitou poesías de Rosalía.

RECREOS CREATIVOS E DINÁMICOS: A GOMA

Aprendendo a xogar a goma nos recreos. O alumnado desfrutando a tope¡¡¡

O NOSO MECO: CULTURA QUE CONTA

ESTE ANO, O NOSO MECO FOI UN TRASNO, POR PRIMEIRA VEZ FOI INDULTADO E NON O QUEIMAMOS. O MECO FOI REALIZADO POLO ALUMNADO DA ESO NA MATERIA DE TECNOLOXÍA

ENTROIDO: CULTURA QUE CONTA 2020

A HISTORIA DE GALICIA LEVADA POLAS RÚAS DE PANXÓN: CULTURA QUE CONTA

CULTURA QUE CONTA: ENTROIDO 4º PRIMARIA

Os alumnos/as de 4º primaria, investigaron sobre o entroido en galiza e fixeron o seguinte traballo.

CIAXAESCENA 2020: TEATRO NA ESAD GALICIA

Este fin de semana, os alumos/as que forman parte do grupo de Teatro do CPI desfrutaron de tres días de convivencia con outros grupos de teatro de 5 centros  Nun contexto teatral e creativo con profesionais do sector, participron en obradoiros de improvisación, dinámicas de expresión corporal e vocal, exercicios de escritura e creación de espectáculos. Este ano o eixe do programa centrouse no teatro do absurdo. Con esta actividade tratamos de potenciar as capacidades lúdicas para aflorar a mellor versión , imaxinativas, creativas, físicas e emocionais que permiten aflorar a mellor versión dun mesmo. LA VOZ DE GALICIA

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: ACTUACIÓN DE RODRIGO ROMANÍ E BEATRIZ MARTÍNEZ

A MULLER NA CIENCIA E AS NOSAS CIENTÍFICAS

Tivemos a honra de escoitar a Dra. Sonia Prado López, do laboratorio de Single Cell laboratory (Grupo de Xenómica Evolutiva e Biomédica) do CINBIO da Universidade de Vigo , sobre o papel da muller na ciencia. Contounos a vida dalgunha das mulleres de ciencia que non son tan "famosas", a máis de darnos unha clase maxistral, pero maxistral, do traballo que fai co grupo de Xenómica e a importante repercusión que ten sobre a nosa calidade de vida ao estudar células canceríxena.

DÍA DA AMIZADE

Moitas grazas ao grupo de flautas do centro por amenizar un día tan sinalado.

CUPIDO CHEGA AO CENTRO PARA REPARTIR AS CARTAS DE AMOR E AMIZADE

11 de FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A biblioteca estivo ocupada con actividades e xogos para diferentes cursos e o profesorado realizou na aula máis actividades interactivas. No corredor da planta baixa fixemoshai unha exposición de libros con esta temática. A segunda actividade foi una charla que tivo lugar o 13 de febrero para os curso de 1º e 2º de ESO, impartida por científicas do CSIC.

ENTROIDO: O MECO MANDA

Este ano o meco dentro do proxecto Cultura que conta e  como nos podía ser doutra maneira manda que:

VOTANDO AS CARTAS NOS BUZÓNS DO AMOR

CULTURA QUE CONTA: ENTROIDO "A IDADE MEDIA"

O alumndo de 2º de primaria, investigou sobre a Idade media e no día do entroido vestírose de nobreza medieval.

OBRADOIRO DE COMIC

Comeza o obradoiro de comic, durante os recreos os martes e os xoves. O obradoiro estará impartido polo profesor de plástica da ESO. Non perdades esta oportinidade.

DÍA DOS NAMORADOS

Xa estános buzóns preparados para recoller todas as cartas de amor. o día 13 de febreiro (un día antes da conmemoración) Cupido pasará a repartilas polas aulas. É o momento de expresar a amizade, o cari´ño, o amor...¡¡¡ Animádevos¡¡¡¡¡¡  

CULTURA QUE CONTA: visita a santiago de compostela: museo do pobo galego, Cidade da cultura e a catedral

Dentro do proxecto Cultura que conta, o alumnado de 3º de ESO xunto co alumnado de intercambio do LYcée "La providence" de Fécamp (Normandia), visitaron en santiago a Catedral, foron ao Museo do pobo galego e alí fixeron un xogo de pistas en galego e en Francés, logo foron xantar a Cidade da Cultura e alí visitaron a exposición sobre a historia de galicia que se titulaba "Galicia, un relato no mundo". Nela puideron ver o manuscrito da Fundación irlanda , onde se fala da Torre de Hércules, de Breogán e do seu fillo Ith. Tamén viron o libro das peregrinacións da monxa Exeria, primeira muller escritora da historia; era de Gallaecia...A exposición resultou moi interesante.  .

VISITA STEM

O alumnado de 1º de ESO, visitou a Escola de inxeñería Minas da Universidade de Vigo.

PREPARANDO O ENTROIDO "CULTURA QUE CONTA"

QUE ESTÁ A PASAR NO CPI ESTES DÍAS?

GAÑADORES VI ACTO DE ENTREGA DOS PANXÓNNOBEL DA PAZ: EDUCACIÓN PRIMARIA

Por SEXTO ano os alumnos/as de Primaria propuxeron a un compañeiro/a como merecedor de obter o PanxónNobel da Paz. O obxectivo é que os nosos alumnos/as recoñezan que a paz está nas nosas mans e podemos contribuír cos nosos xestos e actitudes a que iso sexa posible.  Gañadores:  1º primaria: LAURA VEIGA LORENZO 2º primaria: VALENTINA YAÑEZ BARROS 3º primaria: PABLO PÉREZ CUNTÍN 4º primaria: MATEO ÁLVAREZ ÁLVAREZ 5º primaria: ESTEFANI NIKOL NAVAS ROBATTO 6º primaria: MIGUEL CHAMORRO PEREIRA  

MURAIS DA PAZ: INGLÉS ESO

O alumnado de 1º de ESO na materia de oratoria (sección bilingüe inglés), debateu sobre as actitudes que poden provocar problemas de convivencia, fixeronse dous grupos, uns encargáronse de recoller actitudes favorables a fomentar a PAZ e o outro grupo actitudes que poden levarnos ao conflicto. Finalmente realizaron o seguinte mural.

OBRADOIRO DE CONTOS 1º E 2º DE PRIMARIA

Para a realización do Obradoiro seleccionamos a fábula “La cigüeña y la zorra” co que traballamos a moralexa: “non fagas aos demáis o que non queras que che fagan a ti” e os valores de respeto, empatía, axuda e amizade. Se realizaron preguntas sobre o tema e firmaron unha promesa, tamén pintaron os títeres dos personaxes da fabula.

MURAL DÍA DA PAZ ALUMANDO ESO

O alumnado da ESO ma materia de sociais traballou a temática da emigración realizando comparacións entre a emigración actual e a de nosos avós. Ao rematar a súa investigación realizaron o seguinte mural.

X CARREIRA SOLIDARIA

Por décimo ano consecutivo realizouse no CPI Arquitecto Palacios a carreira solidaria. Xuntos co noso alumnado e profesorado participaron os seguintes centros da zona (CEIP de Camos, EEI “As Dunas”, CEE Panxón e CEE Juan María). Este ano por 4ª vez estarán tamén os alumos/as do College La Providence de intercambio no centro. Os actos da PAZ remataron  remataron coa interpretación da canción “Vivan las manos de colores” do grupo Happening. Utilizamos a web de Happening (happening.es) para acceder ao material didáctico  e traballar na clase co alumnado. .