Ir al contenido principal

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO: CONCERTO RODRIGO ROMANÍ E BEATRIZ MARTÍNEZ

O 20 de febreiro celebramos no CPI Arquitecto Palacios o Día de Rosalía de Castro (24-02-1837) cun concerto de arpa desenvolto polos artístas Rodrigo Romaní (fundador do grupo Milladoiro e da orquestra Sondeseu) e Beatriz Martínez.
No concerto organizado pola biblioteca e Normalización lingüstica en colaboración co concello de Nigrán, participaron os alumnos/as do noso CPI, do CEE de Panxón, CEIP Mallóne IES Val Miñor.
Rodrigo e beatriz cantaron e musicaron en directo poemas de Rosalia como "Camapanas de Bastabales". Para finalizar o grupo de frauta do centro intrpretou conxuntamnete cos artistas invitados  "Negra sombra" . Ao rematar esta actuación todos os cursos e alumnado do centro recitou poesías de Rosalía.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

FIGURAS RETÓRICAS

Estes días as plumas de secundaria estiveron viaxando polos mundos da retórica e plasmaron o que o voso inxenio lles dictou. Metáforas , símiles e greguerías aparecen na cotidianidade da nosa vida, pero adican o seu maior esforzo cuando serven como ornamento da lírica. A poesía é vida e a vida tamén é lírica en ocasións. Hoxe os alumnos/as de 1º e 2º de ESO amósanos o seu afán por engalanar e acicalar os seus textos coa axuda destes recursos poéticos, quizás porque o Día da poesía acercase... Enhoraboa. SÍMILES  Open publication - Free publishing - More news METÁFORAS  Open publication - Free publishing - More news GREGUERÍAS Open publication - Free publishing - More news