Ir al contenido principal

CULTURA QUE CONTA: visita a santiago de compostela: museo do pobo galego, Cidade da cultura e a catedral

Dentro do proxecto Cultura que conta, o alumnado de 3º de ESO xunto co alumnado de intercambio do LYcée "La providence" de Fécamp (Normandia), visitaron en santiago a Catedral, foron ao Museo do pobo galego e alí fixeron un xogo de pistas en galego e en Francés, logo foron xantar a Cidade da Cultura e alí visitaron a exposición sobre a historia de galicia que se titulaba "Galicia, un relato no mundo". Nela puideron ver o manuscrito da Fundación irlanda , onde se fala da Torre de Hércules, de Breogán e do seu fillo Ith. Tamén viron o libro das peregrinacións da monxa Exeria, primeira muller escritora da historia; era de Gallaecia...A exposición resultou moi interesante.


 .

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤