Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

130 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CASTELAO: EXPOSICIÓN LÁMINAS

GAÑADORES CONCURSO LETRAS GALEGAS 2016

@s gañadores/as do día das Letras galegas 2016 foron:   Modalidade lema: Sofía Durán Rodríguez Modalidade texto: María Durán Rodríguez Falar galego é bo porque xa que temos una lingua propia, teríamos que utilizala, e máis cando é unha lingua tan rica. Os galegos temos máis posibilidades de aprender e de comunicarnos grazas ao galego. O galego é a lingua pola que moitos excelentes escritores loitaron para que non se perdera, loitaron para que poidéramos falar e escribir en galego, para que ó galego non o falara só a xente dos pobos. A moitos deles dedicánselle o día das letras galegas; como este ano que se lle dedican a Manuel María, un gran escritor galego que sempre será recordado da mellor maneira e que fixo tanto pola lingua galega.

LETRAS GALEGAS MANUEL MARÍA: POEMA MUSICADO

O alumnado de 2º de ESO interpretou un arreglo musicado do Poema "O Carro". Movie Maker: O CARRO DE MANUEL MARIA - Diapositivas Arreglo a dúas voces do poema musicado "O Carro"    

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “GALICIA, AUGA E LITERATURA” I

Para conmemorar o Día da Poesía, o equipo da biblioteca propoñe a todos os cursos de primaria e ESO participar no II Concurso de Fotografía “Galicia, Auga e Literatura”, patrocinado por Viaqua. Do mesmo xeito que na pasada edición, o que se busca con este concurso é achegar a literatura galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez que se conciencia sobre os usos e beneficios desta.  Os alumnos e alumnas deberán elixir un poema ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon, respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Oure

ENTREVISTAS DOS 400

Os alumnos de 3º ESO estiveron traballando os textos xornalísticos de información; como traballo final tiveron que inventarse unha entrevista con algún personaxe relacionado coa vida ou obra de Cervantes. A  continuación podedes ver os curiosos traballos dalgúns destes alumnos.

400: O XUIZ DOS DIVORCIOS

Dos entremeses de Cervantes , alumnos de 3º e 4º ESO representaron o día da celebración do libro " O xuíz dos divorcios" engadimoss a gravación da mesma. Todo un éxito. Enhoraboa ao alumnado participante e a profesora de Lingua castelá, membro do equipo de Biblioteca.

APADRIÑAMENTO LECTO 15-16

Un ano mais celebramos o Día internacional do libro coa actividade de apadriñamentos lectores, contando este cursocoa presencia dos alumnos/as de Manchester que estaban de intercambio no noso centro. A experiencia lectora este curso levámolo a cabo na praia. APADRIÑAMENTO LECTOR 2015 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

400 - DÍA DO LIBRO (Graffiti Cervantino)

Primeiras imaxes do Graffiti Cervantino co que queremos recordar este ano ten especial do Día do libro.

400- DÍA DO LIBRO

Nós non vemos monstros como Don Quixote, o único que vemos é un perfecto traballo de tecnoloxía, deseño e creatividade. Felicitacións aos profesores que dirixiron o proxecto. Movie Maker: don quijote - Diapositivas

400- DÍA DO LIBRO

Comezamos  a publicar entradas coa vosa exitosa participación na celebración do IV Centenario da morte de Cervantes e Shakespeare. Enhoraboa pola vosa dedicación, cooperación, axuda e, sobre todo, o voso entusiasmo.  O equipo de Biblioteca quere agradecer especialmente á Profesora de Lingua Castelá e literatura, Eva Vázquez  a sua implicación nesta conmemoración sen ela non o poderiamos facer.  Parabéns! Cervantes e Shakespeare estarían moi orgullosos. Movie Maker: 400 - Diapositivas

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 Desde o Equipo de biblioteca pensamos que sería unha boa idea que compartísedes con todos nós voso especial recuncho de lectura. Para iso creamos un concurso ; para participar só teredes que facervos unha foto lendo nalgún dos lugares onde habitualmente facédelo ou onde vos gustaría facelo. Cando elixades a vosa fotografía , enviádea ao correo do blogue e iremolas publicando. Ao final de curso coñeceremos ao gañador. Unha forma moi boa de que, entre todos, atopemos novos espazos de lectura. Animádevos!

ESPAZO LECTURA MAIO