Ir al contenido principal

COMERCIO CON SENTIDO

O alumnado de primaria participou este mércores, na actividade titulada “Comercio con Sentido”, dirixida especialmente a escolares co obxectivo de achegalos ao comercio xusto e o consumo responsable, para acabar coas desigualdades entre os países produtores e os consumidores.

A actividade tivo como base unha exposición con ilustracións do debuxante pontevedrés Xoán Arellano, que en clave de humor explica para nenas e nenos as relacións comerciais norte-sur, os actores do comercio internacional, as inxustas regras que definen as políticas comerciais…

A exposición compleméntase con tres stands nos que as monitoras amosaron ao alumnado como se producen, quen os transforma e como se distribúen os beneficios do comercio de produtos como o azucre, o cacao e o café, a segunda materia prima que máis se exporta despois do petróleo. A actividade presenta os problemas pero tamén as solucións: o comercio xusto.

A actividade realizada incluíu o obradoiro “cociñando con Comercio Xusto”, no que participou o alumnado de 5º e 6º de primaria.

Esta actividade de “Comercio con Sentido” está desenvolvida pola asociación Solidariedade Internacional de Galicia, que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra e a colaboración do Concello de Nigrán.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...