Xa estamos en outubro e non vos podedes esquecer dos concursos que presentamos con motivo destas datas . Para participar no concurso de Relatos de terror teredes que presentar os traballos antes do día 12 de novembro. Os relatos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entregarédellelos ás profesoras de Secundaria destas asignaturas respectivamentes.O día 15 (dia no que celebraremos o Magosto ) entregaranse os premios ós gañadores.
Para o concurso de cabazas terédelas que traer dende o 28 ó 30 de outubro. Inxenáivolas para presentar a cabaza mais terrorífica, curiosa ou divertida. Seguro que os resultados volven a sorprendernos a todos.
A ver quen logra asustarnos mais este ano...
Comentarios
Publicar un comentario