Ir al contenido principal

PENSAMENTOS

Un ano máis alumnos/as ingleses veñen de intercambio ao noso colexio e como sempre o alumnado de Primaria ten preparado o seu recibimento. Como coincide có día do libro, luns 23 de abril, os alumnos/as de 3ºP danlles a benvida cun pequeno agasallo, un libro que titulamos "PENSAMENTOS"
Está feito con materiais reciclados xa que non pode ser douta maneira, dado que entra dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso: "ENERXÍAS SOSTIBLES".
O material que utilizamos foi papel reciclado por eles mesmos no obradoiro de "AULA VERDE". Como soporte de cada páxina, usamos follas de revistas e aproveitando a frase que viña escrita como encabezamento de cada unha destas, os alumnos foron dando as súas respostas, o que deu lugar ao libro.
As tapas do libro son recicladas a partir dunha carpeta xa retirada de servicio, pero que nos serviu para a ocasión.
E para rematar, as pastas atámolas ás follas cuns fíos de rafia.
Esperamos que aos alumnos ingleses lles guste o noso agasallo, nós estamos satisfeitos polo esforzo que fixemos e polo resultado acadado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...