Ir al contenido principal

2012-13 ACELERADOR DE INNOVACIÓN

Comezamos un ano máis!

E aproveitamos o fantástico cartel realizado por Andrés Meixide para as Bibliotecas Escolares que resume moi ben que é o que somos: aceleradores de innovación, porque cando unha biblioteca se activa xenera actividades e formas de traballar máis colaborativas coas que construir máis e mellor coñecemento. O importante da biblioteca non é o espazo senón a actitude. Utilizando as palabras de presentación da Asesoría de Bibliotecas Escolares: 

"cando a biblioteca se activa, arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa"

BENVIDAS E BENVIDOS, AS PORTAS DA BIBLIOTECA ESTÁN ABERTAS PARA TOD@S!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...