martes, 22 de enero de 2013

DÍA DA PAZ.........SOSTIBLE

A raíz de moitas das guerras e conflitos que suceden no mundo está nos recursos naturais: diamantes, ouro, petróleo, auga, madeira… Tratar de resolver os temas de propiedade, control e xestión destes é fundamental para manter a seguridade e restaurar a economía dos países que saen dun conflito. Conseguir que se xestionen ben e con xustiza estes recursos é garantía de paz no futuro. Por iso dende o colexio este ano queremos que neste Día Internacional da PAZ deteñámonos a pensar que podemos facer cada un de nós, países e persoas por respetar a xusta xestión e distribución de recursos naturais. 

Presentámosvos o noso primeiro mural e a programación de actividades de dinamización que se levarán a cabo nese día e ao longo desa semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario