Ir al contenido principal

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO


O día 23 de abril xa sabedes que se celebra o Día do Libro e por iso temos que poñernos en marcha para organizar as actividades que se realizarán para esta conmemoración.

Os alumnos de 1º de ESO están deseñando mitos nacionais. Que non entendedes?, pois moi doado. Tras estudar as características dun mito e ler e coñecido a algún dos deuses e personaxes que aparecían na mitoloxía greco romana da Idade Clásica, decidiron crear deuses made Spain. O resto dos alumnos/as teredes a sorte de coñecer os seus atributos, procedencia e aspecto no mural que realizarán. Publicaranse no blog e haberá unha copia na biblioteca. Seguro que encontrades algún que vos guste e ao que poderedes encomendarvos e dirixir as vosas súplicas e intercesións.

Os alumnos de 2º ESO elaborarán contos, aproveitando que foi o último tema co que traballamos.

Os cursos de Secundaria loitarán por lograr a máis persuasiva das publicidades nas que logren animar á lectura. O soporte dixital será escollido por eles e versará sobre calquera aspecto do que queiran convencer: que os pais inicien os seus fillos na lectura, o maior uso da biblioteca, animar á lectura de libros de terror...

Todos os traballos deberán estar finalizados e entregados antes do día 16 de abril para que se poidan seleccionar e puntuar.
Estou seguro que este ano importantes contribucións vosas farán do Día do libro unha data máis importante.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!