miércoles, 16 de octubre de 2013

RECURSOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), xunto co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anunciou a actualización do portal Web sobre información e sensibilización contra a violencia de xénero:


Este portal, dirixido aos profesionais dos centros educativos, proporciona diversos materiais de interese para a sensibilización, prevención, detección e intervención en violencia de xénero, especialmente deseñados para mozos.

A páxina Web tamén describe unha serie de actividades (para realizar tanto dentro coma fóra da aula), así como proporciona un listado de recursos de utilidade, tales como contos, lecturas, cancións, guías ou materiais audiovisuais.

Vía:Scooped by OrientaTierra 

No hay comentarios:

Publicar un comentario