Ir al contenido principal

OBRADOIRO KALEIDOLABS : Elaboración do atrezzo para o corto

Dende o día 17 e ata o 26 de febreiro de 10 a 14 horas o alumnado de primaria atopase inmerso no proxecto "NÓS SOMOS MAR"< /span> traballando cos científicos do CSIC e o grupo co seu proxecto KaleidoLabs xunto con eles pretendemos achegar o medio mariño ao noso colectivo escolar mediante un curto no que os protagonistas sexan monicreques fabricados por eles mesmos a partir de rodas, rolos de tea, culleres, botellas ou tubos, este é uns dos obxectivos que ten o laboratorio "Valoriz@Lab" e no que participan os alumnos de 3º e 6º de primaria do colexio . Ademais colaborarán activamente en todos os procesos necesarios para realizar a peza audiovisual, co que unha vez finalizada a construción dos bonecos se procederá a elaborar o guión, o "story board" e ensinaráselles a manexar os monicreques para que sexan os alumnos os que os articulen durante a gravación. Ademais formularán posibilidades para manter un equilibrio ambiental, social e económico.
 Ata agora estivo a traballar no proxecto o alumnado de 5º e 6º de EP, podedes ver na presentación as maravillas que realizaron, eles encargaronse de realizar o ATREZZO: Fondos mariños con algas e vexetación para que agarren as colas, os caliños e desoven os cefalópodos, 1 buque oceonográfico, roseta CTD con mecanismo de apertura, microscopio a escala maruxía, cámara de vídeo submarina, barco de recreo con áncora, 1 áncora a escala co fondo marño, grúa redes de bongo, grúa con ramallos de pinos cunha pedra atada, panel de medición con marcador de profundidades e temperatura, tres trozos de xeo: grande, mediano e pequeno a escala cos pingüins, Fábricas, Barco pesqueiro con redes que poidan coller moitos peces a escala, trincheira, ovos de polbo, bateas con cordadas de mexilóns, Mexillóns con casca e sen casca a escala Maruxía, Maquina de autoclave na que se pode abrir porta e meter 3 latas.Previamente a actividade práctica recibiron unha charla na que a cientifica do CSIC Luisa .

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...