Ir al contenido principal

30 DE XANEIRO 2015: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ III -PanxónNobel (PRIMARIA)

No salón de actos o día 30 de xaneiro fixemos entrega dos PanxonNobel. o alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria foron os encargados de facer a presentación e para iso tiveron que:
           - Investigar na biblioteca sobre Alfred Nobel
         - Investigar sobre 6 Premios Nobeis españois e facer unha presentación destes no salón de actos
         - PanxónNobel: Cada clase de primaria tivo que propoñer a un compañeiro/a que merecera obter O PanxónNobel da Paz. O obxectivo foi que os nosos alumnos/as recoñeceran que a paz está nas nosas mans e que todos/as podemos contribuír cos nosos xestos e actitudes a que iso sexa posible.

Entrega dos PanxónNobel da paz



Os alumnos/as premiados/as co PanxónNobel da PAZ 2015 foron:

1º de Educación Primaria: HECTOR CHAMORRO COSTAS
2º de Educación Primaria: MARTINA DACOSTA JESÚS
3º de Educación Primaria: ERIKA CEA FERNÁNDEZ
4º de Educación Primaria:YOHANA FIGUEROA CAMESELLA
5º de Educación Primaria:MÍGUEL MELÓN CABRAL
6º de Educación Primaria: LURA CHAMORRO FERREIRA


FELICIDADES E SEGUIDE TRABALLANDO EN PROL DA PAZ¡¡¡¡




Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...