Ir al contenido principal

PRIMAVEIRA DE POEMAS

Durante o mes de marzo a Hora de Ler adicámola a lectura de poemas, cada clase tiña una cesta lectora con libros de poesía.

No corredor principal do colexio, fixemos unha pequena exposición de libros de poesía e colocamos unha caixa con fichas e follas para que os nenos/as que quixeran escriban unha pequena estrofa de dous, tres, ou catro versos dalgún poeta coñecido. A continuación podedes ver a reccopilación que fixemos nos diferentes cursos de primaria.

 


Ao rematar o mes fixemos unha pequena maratón de poesía. As clases participaron lendo ou recitando as poesías escollidas aos mais pequenos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...