
A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consello, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Educación Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2017. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís, de escritores e ilustradores españois, publicados ao longo do ano pasado, obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por consideralas significativas dentro da gran produción existente. O libro/catálogo contén unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións territoriais da OEPLi: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consello. Entidades nas que están representados todos dos sectores do mundo literario: escritores, ilustradores, editores, libreiros, bibliotecarios, críticos, etc. que avalarán a calidade e idoneidade de cada un dos títulos seleccionados.
Para descargar o pdf:
https://www.oepli.org/publicaciones
Comentarios
Publicar un comentario