“Seremos o cambio que queremos ver no mundo” é o noso lema (deste curso e da nosa vida). Sabemos que alcanzar ese propósito non é doado, require de moito traballo e esforzo individual e colectivo. Hoxe contarémosvos un pouquiño do traballo en equipo que realizamos no segundo trimestre focalizado na procura do noso lema. Todo comeza coa resposta á seguinte cuestión: como podemos ser o cambio que desexamos para o mundo? A resposta está clara, axundando aos demais; pero, como? Empatizando, solidarizándonos, respectando, axudando… Entre moitas outras accións. Dita resposta achegounos a coñecer, a conectar e a gozar co braille durante o segundo trimestre. Primeiro documentámonos sobre que era o braille, quen o empregaba, a quen se lle ocorreu a brillante idea de crealo, onde podemos atopalo no noso día a día, etc. Comezamos decorando as caixas de ovos de seis oquiños que nos axudan a comprender a composición do braille, xa que tan só precisamos coñecer moi ben 6 pun...
Comentarios
Publicar un comentario