A rapazada de 5º e 6º de EP estiveron preparando un mural cos personaxes máis importantes do entroido galego. Coñeceron personaxes típicos de cada unha das provincias como son os choqueiros, os merdeiros, as madamas e os galáns, os cigarróns, os peliqueiros, o oso, etc.
Traballaron un montón:
Mirade o mural dixital que fixeron entre todos. Se clicades nas iconas poderedes escoitar a información de cada un dos personaxes coas voces dos cativos e cativas:
Bo traballo rapazada!👏👏👏
Comentarios
Publicar un comentario