Ir al contenido principal

HORA DE LER: ASESORÍA DE BIBLIOTECAS

  A continuación recollemos a entrada do blog Hora de Ler, no que a Asesoría de Bibliotecas fai unha mención do noso Recuncho de lectura para pais e nais. Dende aquí queremos darlles as grazas por esta mención, xa que estas pequenas cousas axudan e animan a seguir traballando na mellora da competencia linguistica do noso alumnado.

Punto de lectura para nais e pais

Procurar a complicidade das familias e a súa colaboración na formación dos lectores pódese facer de moitas maneiras. As bibliotecas escolares galegas van incorporando espazos específicos para pais e nais, ben no interior da biblioteca ou ben nalgún outro espazo próximo, gañando así para a lectura eses recunchos ás veces esquecidos.


No CPI de Panxón (Nigrán, Pontevedra) veñen de inaugurar este Punto de lectura para as familias, un espazo creado con moito gusto, con respecto e dignidade. A invitación non pode ser máis clara: "se ti les, eles len". Ademais, a información chega a todas as casas a través da Guía de lecturas Nadal 2011

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...