Ir al contenido principal

QUE ESTAS LEYENDO?

A OEI (Organización de Estados Iberoamericanos) vén de convocar un concurso de blogs de lectores, destinado a mozos e mozas de 12 a 15 anos, co fin de crear redes de lectores de distintos países e culturas.  

Co fin de darlle publicidade e soporte a este concurso, iniciou a súa andaina a páxina que leva o nome do certame, questasleyendo.org, na que se pode acceder ás bases da convocatoria e a outras informacións.

Para motivar a participación no concurso, podemos ver na sección VOCES os vídeos de lectoras e lectores de diversos países, que nos falan do que están a ler e doutros aspectos relacionados cos libros e o fenómeno da lectura. A lingua galega está presente neste foro na voz de varias persoas, entrevistadas polos rapaces do CPI dos Dices-Rois, que colaboraron de forma entusiasta baixo a dirección do seu profesor Luis Aldegunde, e nas voces dos rapaces e rapazas (tamén de profesores), do propio CPI Dices-Rois (do club de lectura As Pintoras Daltónicas), do IES Fontem Albei, de A Fonsagrada, e doIES As Barxas, de Moaña.

Os entrevistados:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏