A Secretaría de Estado de Cultura (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), está a difundir na Rede unha campaña de lectura destinada a mozos e mozas de 14 a 18 anos, baixo o lema SÍ QUE TE GUSTA LEER (pero igual no lo sabes). Cunha presentación atractiva, a páxina da campaña ofrece xogos, enlaces interesantes e un concurso para os participantes. Parte da idea de que os que afirman que non lles gusta ler, aínda así están a ler todo o día nos seus "artefactos" favoritos e nas actividades cotiás. Son lectores aínda que non lean libros. E desde aí, trata de levalos á outro tipo de lecturas.
Comentarios
Publicar un comentario