Ir al contenido principal

OS NOSOS TRABALLOS DA SEMANA DO LIBRO

 Rematou a nosa semana dedicada á celebración do día do libro. A partir de agora só nós podemos corrixir malos hábitos e o noso particular propósito ser o protagonista destes 365 días que temos por diante. Todas as actividades relacionadas coa conmemoración do 23 de abril espero que vos fixesen pensar e aumentar a vosa inquietude lectora.



HÉROES QUE LEN

Despois do derroche de imaxinación que mostrachedes nos vosos traballos para o Día do Libro, é obrigado presentalos na Pega rabilonga. Era imposible publicar todos e por iso fixemos unha selección que se baseou en puntualidade de entrega, boa presentación, redacción do texto e enxeño na invención do heroe, dos seus poderes e do seu nome. Posteriormente foron colgados no mural que xa tedes feito en Secundaria como mostra das actividades realizadas para a celebración do 23 de abril.
Todos entendestes que é necesaria a chegada dos vosos heroes e heroínas para salvar ao mundo dos libros do ataque indiscriminado doutras distraccións menos enriquecedores e creativas. Non é tan difícil entender, tamén, que vós contades cos poderes que adxudicastes a estes personaxes de ficción. É tan sinxelo como que escollades un libro, o abrades e vos deixedes seducir pola súa historia. Anímate e convértete nun heroe por unhas horas, eles tamén len.



Open publication - Free publishing

Plantamos un panel con flores que representan, dende o noso espírito ecolóxico, libros con mensaxe nos seus talos.










Creamos o noso heroe, defensor da lectura, que, ademais de aparecer no documento publicado de Issuu, tamén serviron para decorar outro dos paneis do cole.


Investigamos para recoñecer a identidade dos escritores en lingua castelá, galega, inglesa e francesa que colgaban do teito.




Xuntos pouxemos o noso graniño de area para mostrar a todos que o noso colexio apoia a lectura e, polo tanto, festexa o Día do Libro. A partir de agora, a testemuña está nas túas mans. Escolle un libro, acomódate e abre a túa mente para imaxinar e converter todos os días nun dos 365 días do libro ao ano.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...