Ir al contenido principal

NARRADORES QUE CONTAN: "UN TERRIBLE ACCIDENTE"

De novo unha historia de Sandra, unha incipiente escritora que desfruta inventando argumentos.

"As drogas e o alcohol son substancias fatídicas que provocan efectos nefastos na nosa vida coitá. Pode resultar tópico, pero é a verdade: as drogase o alcohol  non só perxudican a  os que a consumen. Por iso escribín esta historia, para demostraros que o amor non nos pode salvar dos erros da vida, se sembras recollerás, se consumes alcohol ou drogas, as consecuencias poden ser terribles. Reflexionade sobre isto mentras ledes esta historia, que vos fará estremecer".



Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...