Ir al contenido principal

ENTROIDO ECOSOSTIBLE 2013

O Entroido no CPI converteuse nunha homenaxe as enerxías, durante semanas toda a comunidade educativa traballou arreo para poder realizar o desfile que tiñamos previsto. Dirixidos por Antonio construímos tres carrozas nas que se representaban diversos motivos relacionados coa temática do proxecto, así nunha carroza representábanse a enerxía eólica e a natureza en estado puro. O alumnado e profesorado por suposto disfrazouse das temáticas curriculares que desenvolveron nos diferentes cursos así a Escola de Educación Infantil anexa ao noso centro e 2º de EP disfrazáronse de horta ecolóxica como tomates, zanahorias, berenxenas…etc, 1º de primaria de froitas, o 2º ciclo de fenómenos atmosféricos como choiva, neve, raios,..etc, 5º de primaria de ecosistema marítimo así atopabámonos con medusas, mexillóns, algas, planton…6º de enerxía solar, eólica, térmica, mareomotriz…. A Secundaria tamén participou traballando e elaborando os seus propios disfraces, os de 1º de ESO foron de contenedores radioactivos , 2º e terceiro foron de símbolos químicos e salvadores da natureza dos contenedores radioactivos . Unha vez que chegou o día pola mañá cedo montáronse as carrozas xa que o día antes choveu e a continuación vestímonos e fixemos un pasarruas polas rúas de Panxón no que participou o pobo. Os alumnos/as de 4º da ESO ían de servizo de seguridade e repartían froitas xa que este curso participamos no plan de froitas dentro do Plan proxecta da Consellería de Educación.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

HAIKUS JAPONESES

Para o día da poesía   proponemosvos un traballo no que ides ter que seguir a tradición japonesa e compoñer un haiku . Antes de que vos expliquemos a actividad é convinte que seaibades en qué consiste esta composición poética.   Un haiku é un pequeño poema tradicional japonés. Tan pequeno que a súa estructura consta de tres versos sen rima, que deben sumar un total de diecisiete sílabas. O primeiro verso debe ter 5 sílabas,ol segundo 7 e o terceiro 5, aunque non é obrigatorio seguir esa estructura.     O haiku, xeneralmente expresa unha sensación, unha imaxen, que pode ser evocada con enorme forza ou sutileza. Caracterizase pola sencillez, austeridade, brevedad e asimetría.   NO día da poesía, que se celebra o día 21 de marzo, podedes contribuir con un haiku que a vosa creatividade compoña. Teredes que combinar a poesía coa temática que podádes sacar do Proyecto deste curso sobre Enerxías Sostibles " Do pedernal á fusión". Busca en tres versos a man...