Ir al contenido principal

DENDE A POESÍA A....NATUREZA


 Onte no CPI de Panxón tivemos unha xornada apretada xa que o día 21 de marzo é unha data clave en educación, celébranse o Día Internacional da poesía, o día do árbore  ou Día Forestal Mundial, e o día Internacional da auga. A nivel curricular son tres conmemoracións que non podemos esquecer polo que xuntamos as tres nunha e resultou unha maravillosa xornada de desfrute tanto para o alumnado como profesorado.

Comezamos pola mañán cedo co alumnado de secundaria preparando unha zona do centro para ambientala e plantar uns árbores decorativos, xa que en novembro xa plantaramos o noso propio bosque. Unha vez preparado o terreo o alumnado de primaria plantou camelios e prímulas, o espazo quedou moi ben arranxado.  A continuación tiñamos que recitar poesías e ler os haikus medioambientais que fixeran os alumnos/as de secundaria en lingua castelá pero o vento tan forte que houbo onte en Panxón impediu facelo ao aire libre.  Fixémolo no noso árbore ecolóxico que adicamos as distintas conmemoracións, alí os alumnos e alumnas de primaria recitaron poesías con temáticas medioambientais e procederon a ler os Haikus que decoraban a árbore, facéndolle preguntas sobre o seu significado. Foi un magnifico traballo realizado polo alumnado da ESO, dende esta páxina queremos dar a enhoraboa a profesora Eva Mª Vázquez gallardo e a todos os alumnos e alumnas da ESO así como ao profesor Casto Antonio García Márquez xa que sen el os arranxos ambientais do centro non houberan podido ser.

OS ÁRBORES SON VIDA




POESÍA.......SOMOS AUGA

Neste día internacional da poesía quixemos facer unha homenaxe cos nosos poemas ao medio ambiente, a continuación podedes ler o traballo feito polos alumnos o cal nos emocionou pola maneira na que foron capaces de ir cosendo e entrelazando palabras. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!