Ir al contenido principal

FRANCISCO CASTRO NO C.P.I DE PANXÓN


O escritor Francisco Castro visitou o noso centro o luns 29 de abril, dentro da programación de actividades que organizamos o equipo da biblioteca para conmemorar o Día do Libro. Os alumnos e alumnas de 1º de E.S.O. recibiron ao escritor vigués coa presentación do programa “Atrapa un libro”. 

Francisco Castro díxolle ao alumnado: “Escribo para cambiar o mundo…”. Falounos do seu libro “Chamádeme Simbad”, dende a perspectiva familiar, amosando as dificultades que o alzhéimer causa en quen o padece e mais na súa familia, cautivando tanto ao alumnado como ao profesorado. 

Moitas Grazas, Francisco Castro.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!