Ir al contenido principal

19 de DECEMBRO ACTO DE ENTREGA DA BANDEIRA VERDE

O pasado 19 de decembro, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde Pérez, acompañado pola concelleira de Educación, Carmen Alonso-Macías, o xefe territorial, Cesar A. Pérez Ares, o Inspector de educación, Fernando carrasco e o Coordinador do Programa Ecoescolas en Galicia (ADEAC), José Manuel Fernández, presidiron o acto de entrega da Bandeira Verde á comunidade educativa do noso centro, CPI de Panxón.
O Programa Ecoescolas é unha campaña a nivel internacional que pretende introducir e/ou potenciar a educación ambiental para o desenvolvemento sostible e a xestión e certificación ambiental en centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
Trátase dunha iniciativa que implica a toda a comunidade educativa do centro escolar que decide desenvolvelo, así como ás autoridades municipais, xa que se require a súa implicación para que as ideas que se pretenden realizar nos colexios poidan ser levadas á práctica.



Para conseguir a Bandeira Verde...

1.    Formamos un Comité Ambiental no centro con representación de alumnos/as, profesores/as, pais/nais, persoal directivo, administrativo, mantemento, etc.
2. O Comité Ambiental foi o encargado de coordinar a realización dunha Auditoría Ambiental respecto á situación do centro escolar e o seu ámbito en materia ambiental, o que nos axudou  a elaborar os plans de acción que desenvolvemos ao longo destes tres anos, “Do pedernal á fusión I”, “Do pedernal á fusión II” “Nós somos mar” e no cuso actual “Da horta ao prato”nos que sempre se abordaron os tres temas básicos (auga, residuos e enerxía).
3. O Comité Ambiental definíu un Código de Conduta para á comunidade educativa.
4. Os alumnos/as participaron na verificación do grao de cumprimento dos plans de acción, que foron avaliados para optar ao galardón por un Xurado, integrado por membros de ADEAC.
5. A través dos blogs dos proxectos e a web do centro déuselle visibilidade ás diferentes actuacións que fomos desenvolvendo.
6. Bandeira Verde: O centro ademais presentou unha memoria anual á ADEAC durante estes 3 anos, e a asociación considerou que os plans desenvolvéronse satisfactoriamente polo que fomos galardoados por tres anos cun Diploma e unha Bandeira Verde, o que significa un gran recoñecemento para o noso centro.

Beneficios de ser unha Ecoescola

. Un aumento da sensibilidade e concienciación ambiental, o que nos axuda a comprender a importancia do que se aprende na aula.
. Un ámbito escolar mellor: os alumnos/as, e o resto do persoal podemos traballar xuntos en temas como a redución de residuos e conducir o centro escolar por un camiño consciente ambientalmente.
. Implicación da Comunidade Local: as autoridades locais, organizacións e empresas teñen experiencia na xestión ambiental e poden estar dispostas e/ou desexosas de cooperar coa iniciativa da 
Ecoescola.
. Aforros económicos: as accións emprendidas grazas á campaña poden conducir a aforros. Por exemplo, nas facturas do consumo de electricidade e de auga.
. Contactos internacionais:  podemos crear vínculos con outras Ecoescolas do propio país e/ou de calquera outro implicado na Campaña.

Con este Galardón Bandeira Verde de Ecoescola, os  alumnos/as e toda a comunidade educativa que integramos o programa, queremos renovar o noso compromiso co Medio achegando o noso graniño de area no noso ámbito máis preto, que é o noso colexio, facendo del un lugar sostible.

A Bandeira ¡ Xa está na casa!!


A continuación podedes ver a programación que desenvolvemos durante a xornada de entrega da Bandeira, os actos constituiron unha día de festa no centro.






A entrega da Bandeira  nos diferentes medios:
Faro de Vigo
Baiona TV
Ediciones Basan
Xornal GaliciaSur

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...