Ir al contenido principal

CONCURSO NÓS LEMOS, E TI?

"Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.

 Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar.
Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.
Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico.
Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso segundo o seu bo criterio e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos en función da súa residencia:    

            Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX)                        Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia.
                        Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org
            OEPLI. concursodiainternaconal@oepli.org 


Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías ( Primeiros lectores: 1º, 2º e 3º de Primaria / Lectores avanzado: 4º, 5º e 6º de Primaria / Superlectores: 1º e 2º de Secundaria) e ámbito lingüístico.
Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...