Ir al contenido principal

DÍA DOS NAMORADOS

Todos os anos o Equipo de Biblioteca organiza algunha actividade para celebrar o Día de San Valentín e desenvolver a capacidade de expresar amor a través da palabra. Parece doado pero cústanos, verdade?. Este ano deixastes as vosas cartas de amor para todos os que formamos parte deste Centro: alumnos, profesores, administración, cociñeiras, limpadoras... O venres 13 abristes as cartas que os nosos mensaxeiros do amor foron entregando por todos os cantos do cole. Todos recibimos unha flor de papiroflexia realizada por alumnos de 1º,2º,3º,4º (decorando a mesa ) e PDC. Que emocionante foi abrir as cartas para todos! Moitos de vós non tiñades mans para tantas. Un ano máis resultou unha actividade moi divertida e na que forzastes ao voso enxeño a poñerse a traballar, coa que os alumnos de Primaria cubriron un sobre (algo tan descoñecido para eles) e onde todos festexamos un día onde, fóra do interese comercial, se repartiu moito amor. Grazas a todos os alumnos que axudastes a que a actividade puidese levarse a cabo. 

pastora Astray de Slidely by Slidely Slideshow

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...