Como todos os anos organizouse no colexio o concurso de postais de nadal, que como sabedes tiñan que incluir algunha referencia ao proxecto deste curso "Da Horta ao prato II". A Gañadora deste ano é Vicki Mosquera alumna de 4º de ESO.
Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇: MOI BO TRABALLO!👏
Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!
Comentarios
Publicar un comentario