Ir al contenido principal

A AVENTURA DE LER O QUIXOTE

Outro ano máis chega o 23 de abril e a conmemoración do Día do Libro. Como homenaxe ao principal protagonista desta celebración, ocuparémonos da obra máis famosa de Cervantes. Se hai unha novela que case todo o mundo di ler, esta é O Enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha, a verdade é que o merece. Ademais é un libro que nunca se termina de ler, xa que debería de ser, pola súa riqueza e o pracer que proporciona a súa lectura, un libro de cabeceira. Ademais como veremos hai tantas adaptacións, que permiten o achegamento ao orixinal desde calquera idade e condición.

Na Biblioteca Nacional, hai unha exposición de edicións do Quixote de diferentes países que son dignas de destacar. Aquí facilitamos o ligazón Don quixote da Mancha, catro séculos de tolemia e ilusión
Pero hoxe, centrarémonos nalgunhas destas edicións (por fortuna o seu elevado número faría  moi prolija esta reseña) que poden servir de entrada para os máis pequenos, á lectura desta magna obra.
 A editorial Anaya, preséntanos a adaptación de Paula López Hortas, ilustrada por José Luis Zazo. Son 160 páxinas, que están adaptadas para o alumnado de terceiro ciclo. forma parte da colección Clásicos a medida.
Tamén se suma á súa colección, "O meu primeiro Quixote" de Ramón García Domínguez, ilustrado por Emilio Urberuaga, para os lectores de primeiro ciclo e escrito e  ilustrado polos mesmos protagonistas. Dirixido ao alumnado do segundo ciclo "Aventuras  con Don Quixote da Mancha"
A  partir de 12 anos atopamos esta edición, que conmemora o IV centenario da publicación da segunda parte, en 1615, conta con introdución e notas de Anxo Basanta, e está ilustrada por José Ramón Sánchez, Premio Nacional de Ilustración 2014.

Na editorial SM, O Quixote I e II, ilustrado por Carlos Cubeiro. Outras reseñas destacables desta editorial son:      
 O gran libro do neno don Alonso Quijano de Carlos Reviejo ,  Elvira Menéndez , José María Álvarez Fernández e as ilustracións de Margarita  Menéndez  e Mikel Valverde.  
"O libro loco do Quixote" de Alberto Conejero Lópeze ilustrado por Josep Maria Rius "Joma".
Pictogramas na historia de Don quixote da Mancha de Carlos Reviejo e ilustracións de Javier Zabala.
Kika superbruja e o cabaleiro tolo de Knister. A famosa serie de Kika superbruja da editorial Bruño, preséntanos nesta aventura a Dani que se fixo un disfrace chulísimo: parece todo un cabaleiro medieval!. Pero na súa loita contra o percheiro, atáscaselle a visera do yelmo. Kika non consegue liberalo, e mentres chegan os seus pais cóntalle a historia doutro valente cabaleiro moi famoso, e tamén un pouco chalado: Don Quixote da Mancha.
Outro libro desta serie é Kika superbruja e don Quixote da Mancha.
 
En Edelvives,  O Cabaleiro don Quixote de Jiménez de Cisneros  e ilustrado por López Domínguez, Xan. A partir de 10 anos.  
 
En editorial Planeta, citaremos O meu primeiro Quixote, para os recien inaugurados lectores e ilustrado polo recentemente desparecido Antonio Mingote.
Un teatro divertido coas tres xemelgas: Don Quixote e a lenda de San Jorge, de Roser Capdevilla. Un fantástico libro de recortables co que os nenos aprenderán que é o teatro

Everest preséntanos Don Quixote cabalga entre versos, unha selección realizada por Antonio Gómez Yebra e ilustrado por Juan Ramón Alonso. Outro título interesante é Da Á a Z con  
Don Quixote de Rafael Cruz-Contarini, esta obra é un abecedario presentado por palabras da novela sobre o cabaleiro español, Don Quixote, seguidas por poemas que relatan o conto.

Na editorial Cromosoma atopamos outra vez ás tres xemelgas en Don Quixote e as tres Xemelgas
As Xemelgas aparecen nun pobo da Mancha, onde coñecen a don Quixote, un home obsesionado polas novelas de cabalería que cre ser o protagonista dunha delas. As nenas constrúenlle unha armadura e don Quixote empeza a cabalgar con elas e con Sancho Panza, o seu inseparable escudeiro.

No editorial Libro-Hobby, no Enxeñoso Fidalgo Don Quixote da Mancha, descubrimos as súas aventuras en historietas gráficas. a partir de 8 anos. Noutra das súas obras As aventuras de Don Quixote, iníciase aos máis pequenos con catro entregas nesta lectura.

Espasa Calpe, achéganos O meu primeiro Quixote, unha adaptación de José María Plaza e con ilustracións de Julius.
Ocúpase este recoñecido especialista en literatura infantil e xuvenil da
 primeira parte do Quixote.

O creador dos famoso personaxes Mortadelo e Filemón, quixo tamén sumarse á homenaxe no IV Centenario do Quixote e fíxoo Francisco Ibáñez, co seu álbum ilustrado Mortadelo da Mancha. Atoparémolo en edicións B. Unha forma curiosa e divertida de achegarse ao clásico.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...