Ir al contenido principal

SE TI LES, ELES LEN: RECUNCHO LECTOR PAIS E NAIS

Un ano mais no mes de otubro a biblioteca do centro reabreu as súas portas para ofrecer os seus servizos a toda a comunidade escolar. 
Como centro de recursos e de aprendizaxe, este ano continuaremos co labor de apoio ás actividades docentes, promovendo, dinamizando e activando o interese pola lectura. Queremos facer cómplices do noso entusiasmo ás familias, conscientes de que o voso exemplo é o mellor modelo que podemos ofrecer aos nenos e nenas.
Dende aquí queremos recordarvos o punto lector para pais e nais con autoxestión do empréstito que temos no centro o que facilitará o acceso as lecturas que vos interesan.
O punto lector está situado na planta baixa enfrente de Dirección. Pódedes ir a calquera hora do día e escoller o libro que mais os guste.
¡ANÍMATE E...
LE!.
Entre todos/as conseguiremos contaxiar o gusto polas boas lecturas aos nenos/as.
No seguinte boletín podedes ler as novidades que temos para este curso e as normas do empréstito.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!