lunes, 30 de enero de 2017

ACTO PANXÓNNOBEL 2017


O acto de entrega dos III PanxónNobel celebrouse tal e como estaba previsto o día 29 as 10 da mañan, os alumnos/as de 6º de Primaria foron os encargados de facer a presentación do acto.
Comezamos co recitado do poema titulado "O Muiño" por parte dos alumnos de 1º de PRIMARIA.


 2ª DE PRIMARIA  sorprendeunos cun creación dun marabilloso conto encadeado ao que deron lectura no acto, o conto o titularon "DE SIRIA A GALICIA"



3º DE PRIMARIA: O grupo de 3º agasallounos coa canción "CAMPÁS POLA PAZ" (Pan de millo-Migallas).

4º DE PRIMARIA:   O grupo de 4º, elaborou na clase un album ilustrado do conto "A Viaxe de MUNA", no acto deron lectura ao conto e poidemos escoitar a canción da viaxe así como visualizar as imaxes que acompañan ao conto. Foi un traballo que a todos nos emocionou.
5º e 6º DE PRIMARIA: Os alumnos/as de 5º e de 6º fixeron a presentación dos premios Nobel sobre os que investigaron e que este curso tiñan que ter relación ca temática traballada nas aulas acerca dos refuxiados, polo que investigaron e expuseronos os motivos polos que foron premiados, Médicos sen fronteiras, Kim dae Jung, Dominique Pire, Kofi Anan, Jimmy Carter, ACNUR, a Oficina Internacional Nansen para os refuxiados e Kaylash satyarthy.

ACTUACIÓN DO GRUPO DE FLAUTA:
Os alumnos do grupo de Flautas interpretaron a canción BLOWIN IN THE WIN do premio Nobel de literatura Bob Dyland.
                    

Rematamos o acto coa entrega dos diplomas aos alumnos/as escollidos polos seus compañeiros para recibir o PanxónNobel




No hay comentarios:

Publicar un comentario