Ir al contenido principal

BIBLIOCIENCIA NO CPI DE PANXÓN

Tachán!
Chegou a hora de presenciar un das actuacións máis esperadas no Centro: a Semana da Ciencia.
De luns a venres, durante os 10 primeiros minutos do recreo, os mestres/as de Matemáticas, Física e Química, Ciencias Naturais e Tecnoloxía mostrarán a todos os alumnos/as algúns dos segredos que esconde a ciencia, axudados por curiosos experimentos.
Unha perfecta maneira de achegar a ciencia aos alumnos de Primaria e Secundaria e unha magnífica ocasión para que vos divirtades con ela.


Non volo perdades: todos os días , ás 11:30 , na Biblioteca do cole.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...