Ir al contenido principal

GÚSTANOS LER 2º Primaria

En 2º de Ed.Primaria, comezamos no segundo trimestre o proxecto GÚSTANOS LER :
- Montamos un mural cun gran cartel co nome do proxecto.
- Colocamos no mural con sobres e en cada un deles o nome dun alumno/a
-Cada alumno/a tivo que ler un libro , cando acaba rexistra a súa lectura e a mete no sobre que ten o seu nome
- A mestre/a fala co neno sobre o libro (conversa entre lectores)
- Logo elixen outro libro e siguen lendo…de vez en cando a mestra deixa unha sorpresa nos sobres (caramelo, marcadores, goma…) a final de curso demoslle a cada un un diploma para celebrar que son uns grandes lectores.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...