Ir al contenido principal

UN CINE PARA LER; OBRADOIRO II

MARTES 7 E MÉRCORES 8 DE MAIO
Traballamos tanto sobre os aspectos formais do guión (estrutura, presentación, formato) como sobreos elementos narrativos e meramente creativos que debe conter (construción de personaxes, accións lóxicas das personaxes, forza dos diálogos,...).Nestas xornadas tamén explicóuselles ás mozas e mozos os diferentes tipos de composición de planos cinematográficos existentes, así como o movemento e angulación co que traballar. Todo iso porque, unha vez repartidos os "postos da produción", director/a, axudantes de dirección e director/a de fotografía deberían realizar o guión técnico, mentres o equipo de produción traballaba sobre os desgloses e o plan de rodaxe do día seguinte.
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤