Ir al contenido principal

Charla-coloquio Ex-Parlamentarios/as

 

O Departamento de Xeografía e Historia organizou a seguinte actividade para o alumnado de 3º ESO e 4º ESO.

Dende o ano 2011 o Parlamento de Galicia conta cunhas Charlas-coloquio, unha actividade organizada en colaboración coa Asociación de Ex-Parlamentarios/as.

O obxectivo principal é espallar os valores da democracia entre a xente moza e dar a coñocer o funcionamento das institucións.

Hoxe no centro tivemos a sorte de recibir a tres exparlamentarios:

- María Xosé Porteiro representando ao PsdeG.

- Enrique Vieitez do BNG

- Javier Dorado do PP

A actividade foi moi interesante e estivo organizada do seguinte modo:

1. En primeiro lugar a moderadora fixo a presentación e unha breve introdución  sobre os exdeputados.

2. A continuación visualizarase un vídeo sobre a historia e o funcionamento do Parlamento.

3. Seguidamente por parte de cada exdeputado/a ofreceron unha exposición relativa ao Parlamento, por espazo de 5 minutos cada un/ha.

4. De seguido o alumnado efectúou as preguntas que consideraron convenientes, ás que foron dando resposta os/as ex deputados/as.

5. Para rematar, a persoa moderadora pronunciou unhas palabras de peche do acto. 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!