Ir al contenido principal

Proxecto trimestral: Brailleando ando!

 


“Seremos o cambio que queremos ver no mundo” é o noso lema (deste curso e da nosa vida). Sabemos que alcanzar ese propósito non é doado, require de moito traballo e esforzo individual e colectivo. 
Hoxe contarémosvos un pouquiño do traballo en equipo que realizamos no segundo trimestre focalizado na procura do noso lema. 
Todo comeza coa resposta á seguinte cuestión: como podemos ser o cambio que desexamos para o mundo? A resposta está clara, axundando aos demais; pero, como? Empatizando, solidarizándonos, respectando, axudando… Entre moitas outras accións.
Dita resposta achegounos a coñecer, a conectar e a gozar co braille durante o segundo trimestre. 
Primeiro documentámonos sobre que era o braille, quen o empregaba, a quen se lle ocorreu a brillante idea de crealo, onde podemos atopalo no noso día a día, etc.
Comezamos decorando as caixas de ovos de seis oquiños que nos axudan a comprender a composición do braille, xa que tan só precisamos coñecer moi ben 6 puntiños para escribir e ler en braille, sorprendente, verdade?
Tras isto mergullámonos de pleno no alfabeto braille e… Menuda sorpresa!! Encantounos ler e crear as nosas primeiras palabriñas. Que marabilla! 
Despois, demos paso ao coñecemento dos números, que por certo; xa sabemos a que piso queremos subir ou baixar en ascensor con mirar o número braille.
Tamén fixemos algún xogo en parellas que consistía en adiviñar os números aos que nos retaban outros equipos e… Tras un amplo coñecemento… Tachán!! Convidáronnos a pasar un anaquiño dunha mañá na ONCE! Que emoción!!! Puidemos manipular todo canto material nos amosaron: xogos, tarxetas, follas, libros… Escribimos o noso nome con máquinas perkins e vivimos en primeira persoa como se leva a cabo a impresión de libros braille. Rematamos a visita á ONCE abraiados/as e entusiasmados/as a partes iguais. 😍
Foi unha experiencia tan marabillosa como enriquecedora. 
Moitas grazas, Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra por contribuír a accións que xerarán grandes cambios e grandes persoas, foi un verdadeiro pracer. 💛💙❤








Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!