Ir al contenido principal

CONCURSO "SELFIE LIX" 2019

Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, convoca o concurso «Selfie LIX Día Internacional». 

PARA PARTICIPAR:
 1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca:
          • Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil.
          • Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida.
          • Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do  libro ao que pertence.

 2. En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar; así como tamén o nome do/a profesor/a ou bibliotecario/a, e o nome, o enderezo e o teléfono do centro cun correo electrónico de contacto.

3. Os centros docentes e as bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por categoría segundo o seu bo criterio. Deberán entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril en función da súa residencia ou ámbito lingüístico no que participe.

 Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbitos lingüísticos:
 • Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria) 
 • Lectorado avanzado (4º, 5º e 6º de Primaria) 
 • Superlectores (1º e 2º de Secundaria).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...