Ir al contenido principal

ESAD: ESCENIFICANDO A LORCA

O Grupo de Teatro de Secundaria , participou nos Encontros de Teatro de Vigo na ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) organizados por Caixaescena.
Participamos con outros 5 centros de Educación Secundaria: Colegio La Merced de Sarria, IES Porto do Son, Colegio Salesianos de A Coruña, IES Las Salinas de Avilés e IES Barrio Loranca de Fuenlabrada.

Durante estes Encontros  o grupo Egos Teatre de Catalunya e o equipo organizador de Caixaescena con Xabier Erra (escenógrafo) á fronte axudan a que os diferentes centros leven adiante unha proposta escénica de 15 minutos cun tema de fondo común: Federico García Lorca.

O CPI levou á escea tres pezas de Teatro Breve de Lorca, “El paseo de Buster Keaton”; “La doncella, el marinero y el estudiante” e “Quimera”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...