Ir al contenido principal

Acoso escolar ou bullying

Onte, o alumnado de 5° e 6° de EP tivemos un obradoiro, levado a cabo pola Cruz Vermella sobre acoso escolar (bullying) e ciberacoso.

Aprendemos moito sobre o tema, os diferentes factores e persoas que interveñen no bullying, concienciámonos da importancia que teñen o papel dos observadores no tema do acoso escolar. 
Tamén tratamos o ciberacoso e os lugares onde poder acudir e pedir axuda, así como actuar no caso de sufrir ou presenciar situacións de acoso escolar. 
Finalmente, púxose na hora de lecer, unha mesa para o alumnado de ESO onde podían facer consultas e aclarar dúbidas sobre esta temática. 

Foi unha xornada de moitas aprendizaxes e reflexións. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...