Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo de primaria visitaron o templo Votivo do Mar e o arco visigótico. Puideron coñecer máis de preto a súa historia.
Finalmente, aproveitaron para ler os contiños que levaban a carón do mar.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños
Estes días as plumas de secundaria estiveron viaxando polos mundos da retórica e plasmaron o que o voso inxenio lles dictou. Metáforas , símiles e greguerías aparecen na cotidianidade da nosa vida, pero adican o seu maior esforzo cuando serven como ornamento da lírica. A poesía é vida e a vida tamén é lírica en ocasións. Hoxe os alumnos/as de 1º e 2º de ESO amósanos o seu afán por engalanar e acicalar os seus textos coa axuda destes recursos poéticos, quizás porque o Día da poesía acercase... Enhoraboa. SÍMILES Open publication - Free publishing - More news METÁFORAS Open publication - Free publishing - More news GREGUERÍAS Open publication - Free publishing - More news
Comentarios
Publicar un comentario