jueves, 26 de noviembre de 2015

FORMACIÓN DE USUARIOS: “PORQUE CUQUI NON QUERE IR Á LAVADORA”


Nas sesións de Formación de Usuarios contamos na biblioteca ao alumnado de 1º e 2º de primaria o álbum ilustrado Cuqui non quere ir á lavadora que leva por subtítulo Conto moi importante para lerlles os maiores antes de ir a durmir, escrito por María Lado. As ilustracións son de Yanina Torres.

 

Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas.



Ao final da sesión, propuxemos colorear a un osiño, recortalo e colgalo dun cordón na biblioteca



No hay comentarios:

Publicar un comentario