Ir al contenido principal

VISITA MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ



No CPI de Panxón, o día 28 de abril, co gallo da semana do libro, os alumnos e alumnas de 5º, 6º e 1º de ESO gozaron da visita de Miguel Alonso Diz co seu libro “A nena que non deixaban ser feliz”.
É un conto ilustrado por Luz Beloso. A súa lectura convidounos á reflexión e participación crítica no encontro. Miguel Alonso Diz contounos que nas súas páxinas flotan invisibles personaxes tan carismáticos como O Principiño ou Momo.
 Aprendemos como se desenvolve o proceso de edición dos seus libros. Amosounos as pranchas de metal do libro “A nena que non deixaban ser feliz”, que levan toda a información para imprimir cada unha das follas que formarán o libro e os pregos, o conxunto de páxinas que se imprimen nunha mesma folla e que logo hai que dobrar, cortar e encadernar. Un proceso que sorprendou a grandes e a pequenos! MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!