Ir al contenido principal

CARREIRA SOLIDARIA 2017

Onte 1 de febreiro celebramos no cole a xa tradicional Carreira solidaria pola PAZ, este curso é a séptima e comezou coa relaización por parte dos participantes dun "Mannequin Challenge"
Como xa sabedes por anos anteriores esta carreira facémola a beneficio dos servixos Sociais do Concello, co obxectivo de cubrir as necesidades do noso entorno.
É un día especial no cole xa que ademais de inculcar nosos alumnos/as valores tan importantes como son a solidariedade, o compañerismo, o esforzo....recaudamos fondos para axudar ás familias da nosa comunidade.

Este ano participaron na carreira os alumnos de primaria e secundaria do noso centro e do de CEE de Panxón, alumnos/as de primaria do CEIP da Cruz (Camos), alumnos/as do CEE Juan María e do College La Providence de intercambio no centro e  que por segundo ano comparten connosco a carreira solidaria, ademais por primeira vez participaron na carreira os pequenos de 5 anos da Escola de Educación Infantil "A s Dunas". 


Ao remate da carreira toda a comunidade educativa cantou unha serie de cancións en prol da PAZ, e o alumnado do College Francés La Providence de intercambio esta semana no noso centro interpretou a seguinte canción " NO DUDARÍA"  Antonio Flores.
A carreira rematou como en anos anteriores coa solta de globos.

Queremos dar as grazas ao profesorado de EF pola boa organización da proba e agradecemos a todos a vosa colaboración e esperamos seguir contando coa vosa axuda nos vindeiros anos.
Un saúdo a todos e deixamosvos o vídeos da carreira.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...