Ir al contenido principal

CELEBRANDO A AMIZADE E O AMOR

Xa pasou unha das nosas celebracións máis esperadas: O día dos namorados. O equipo de biblioteca traballou durante os recreos para ter todo preparado para ese día. Os axudantes de biblioteca encargáronse de colocar en todas as mesas de Primaria un globo e unha galleta en forma de corazón cunha poesía de amor. Para o resto dos alumnos de Secundaria e para o colectivo educativo tamén houbo galleta. Non foi nada sinxelo ter todo preparado para tantas persoas, sobre todo cando eles tamén se encargaron de ser cociñeiros do amor e traer feitas tantísimas galletas.
Ademais fixeron un curioso mural para que puidésemos inmortalizar unha escena de amor. Todo terminou co concerto do grupo de frautas do centro e a entrega das cartas que encheron as caixas de correos xa desde o primeiro día da semana.
Sei que vos encantaron as galletas dos reposteiros do centro por iso , en breve ,engadiremos as súas secretas receitas no blogue.
Está claro que hai moito amor no CPI de Panxón
Déixovos con algunhas das imaxes que mostran o proceso.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Intercambio con Manchester

  Como cada ano, o alumnado de 5º de EP e algúns invitados de 6º de EP tiveron a gran sorte de ir de intercambio a unha escola de Manchester St. Catherine's RC Primary School. Pasaron unha semana inmersos en distintas actividades en lingua inglesa e melloraron e aprenderon mogollón. Desfrutaron xunto cos seus "penfriends" e fixeron unha morea de actividades xuntos. Na escola estiveron inmersos en diversos obradoiros, realizouse un Singing Square con diversas cancións en castelán e inglés, asamblea, unha barbacoa coas familias e os nenos,... Ao longo da semana visitaron:  O parque Martin Mere onde puideron observar todo tipo de aves: patos, ocas, flamencos,... Burnage Rugby onde comeron pizza e xogaron ao aire libre. Chill Factore , a cal é unha pista de esquí cuberta. Fish and chips en Didsbury Park onde puideron degustar unha das comidas típicas británicas. A verdade é que gozaron da semana e tiveron a sorte de que o tempo lles acompañou. Vos deixamos este pequeno res...