Traballos do alumnado na materia de Educación Plástica e visual de 1º a 4º de Educación primaria, con estes traballos o equipo de biblioteca fixo os murais para a PAZ, moitas grazas Antonio.
Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇: MOI BO TRABALLO!👏
Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!
Comentarios
Publicar un comentario